I Xornada sobre diversidade sexuale dende a educación
O martes 26 de xaneiro, e dentro das actividades programadas na SEMANA DA EDUCACIÓN 2016 organizada pola Facultade de Ciencias da Educación da USC, Ultreia LGTBI e Arelas, asociación de familias de menores trans, teñen o gusto de invitarvos á I XORNADA SOBRE DIVERSIDADE SEXUAL DENDE A EDUCACIÓN: UNHA OPORTUNIDADE PARA TRANS*FORMAR A SOCIEDADE.
Unha xornada aberta a todo tipo de público e gratuíta adicada a abordar a realidade dos menores transexuais desde un punto de vista interdisciplinar e un enfoque positivo e despatoloxizador co obxetivo de visibilizar a realidade da comunidade trans e promover o desenvolvemento de protocolos de actuación axeitados nos centros escolares.
A xornada divídese en tres actividades:
1. Desde as 12:00 h ás 14:00 h, terá lugar a mesa redonda «Transexualidade infantil desde unha perspectiva multidisciplinar: un reto para a escola».
2. Desde as 18:00 h ás 21:00 h, estrearase en Galicia o documental «El viaje de Carla» coa participación da deputada e activista trans Carla Antonelli.
3. Ás 21:00 h, ás asociacións LGTBI galegas faremos unha concentración ao pés das Torres Hedjuk (iluminadas desde o domingo 24 de xaneiro coas cores da bandeira trans) da Cidade da Cultura en recordo a Alan, o mozo trans de 17 anos que se quitou a vida ao non poder soportar o acoso transfóbico do que era vítima en varios institutos o pasado 24 de decembro.
Para as dúas primeiras actividades podedes inscribirvos no seguinte enlace, onde atoparedes toda a información relativa ás mesmas:
Para todxs xs que non podades asistir, as actividades serán retransmitidas en directo vía streaming no enlace anterior.
Agardamos a vosa participación e agradecemos a difusión. #StopTransfobia #TransIsBeautiful